O Saviñao celebrará o Samaín con actividades para toda a familia
RibeiraSacraXa
O Concello organiza unha gran festa infantil o 31 de outubro no Pavillón de Escairón

20 Oct 2025
O Concello do Saviñao celebrará o día máis terrorífico do ano cos máis pequenos do municipio o vindeiro 31 de outubro no Pavillón de Escairón cunha festa que se desenvolverá de 17:00 a 20:30 horas.
Entre as actividades preparadas destacan un túnel do terror, inchables, un obradoiro de chapas, así como chocolate con churros e un carriño de perritos para completar a tarde de festa.
O Concello anima a todas as familias a participar nesta celebración, que combinará diversión, sorpresas e un toque terrorífico adaptado aos máis pequenos.