O Saviñao celebra a súa primeira Festa da Vendima esta fin de semana
A Festa da Vendima converterase no inicio deste tipo de celebracións que terán lugar na Ribeira Sacra de aquí en adiante e ata o período da vendima.
Entre os días 17 e 18 de setembro, a centenaria Devesa de Escairón albergará unha festa de exaltación da colleita na que estarán presentes xente das adegas dese municipio acollidos á denominación de orixe. O programa incluirá unha cerimonia de bendición das uvas e unha demostración de pisado tradicional.
Participarán seis bodegas locais e terán lugar os concertos de Susana Seivane, Luar na Lubre, De Vacas, a charanga de Vilalba, a asociación cultural Donaire e Tátara Trío, nun acto organizado polo concello de O Saviñao e que conta coa colaboración da Xunta e o ecomuseo de Arxeriz.
Celebraranse varias actuacións infantís dirixidas en exclusiva aos nenos así coma catas de uvas e viños e obradoiros de cociña en vivo. A festa contará ademais con postos de artesanía en coiro, madeira, xoias de imitación e cosmética natural. Por outra banda, instalaranse Food trucks e espazos de venta de queixos, embutidos, doces, marmelada e mel, empanadas, pan artesá e restauración.
Ese fin de semana haberá tamén deseñados dous percorridos chamados Bacorutas, por 25 euros os adultos e 15 os nenos. A reserva previa hai que facela nos números 672 251 685 e 638 044 443 ou cunha mensaxe ao correo electrónico eventoscosadedos@gmail.com.
PROGRAMA
SÁBADO 17
10.30 horas – Bacoruta. Viñedos, historia e o río Miño
12.00 horas – Apertura Festa da Vendima
12.30 horas – Inauguración da Festa da Vendima do Saviñao 2022
13.00 horas – Actuación da Charanga de Vilalba
13.00 a 14.30 horas – Obradoiro Infantil. Animación Velaísca
13.30 a 14.30 horas – Obradoiro de Cata de Uvas e Viño
16.00 a 17.00 horas - Actuación da Charanga de Vilalba
17.00 a 18.00 horas – Obradoiro Infantil. A Escola do Señor Gato
21.00 horas – Concerto de Susana Seivane
23.00 horas – Concerto de Luar na Lubre
00.30 horas – Peche de stands
Domingo 18
10.00 horas – Bacoruta. Romanos, vendima e o río Miño
11.00 horas – Apertura de stands
11.30 horas – Presentación de actos a cargo do pregoeiro
12.00 horas – Actuación teatral de Platea Lúa con Contos do Saviñao
12.30 horas – Bendición das Uvas e dos Campos. Misa oficial e pisa de uvas
13.30 horas – Nomeamento de Damas e Cabaleiros da Orde da Mencía
13.30 a 14.30 horas – Obradoiro Infantil. Animación Velaísca
14.30 horas – Actuación da asociación Cultural Donaire
15.00 a 16.00 horas – Obradoiro de cociña en vivo
16.30 horas - Actuación de Tátara Trío
17.30 a 18.30 horas – Obradoiro tradicional O Carballo con Botas
18.30 horas – Actuación do Grupo de Gaitas Os Tarabelos do Saviñao
21.00 horas – Concerto de De Vacas
23.00 horas – Peche de stands