O Saviñao acolleu diversos concursos do Setter Club de España para elixir o mellor representante desta raza canina

RibeiraSacraXa
As probas de traballo e morfoloxía do Setter Club de España tiveron lugar esta pasada fin de semana no Concello do Saviñao co fin de seleccionar os mellores representantes da raza, funcional e morfoloxicamente.
probas cans Saviñao
23 Ago 2023

As probas de traballo e morfoloxía do Setter Club de España tiveron lugar esta pasada fin de semana no Concello do Saviñao co fin de seleccionar os mellores representantes da raza, funcional e morfoloxicamente.

Desta maneira, máis de trinta cans procedentes de España, Francia e Italia, déronse cita na Ribeira Sacra para ser examinados por varios Xuíces da Real Sociedad Canina Española.

A implicación dos presentadores e a organización foron garantía de éxito nun encontro que comezou cun Concurso de Caza Práctica, xulgado por Esteban Cambón y Antonio Rodríguez Somoza, e continuou no centro da localidade de Escairón co Concurso Morfolóxico, xulgado por Sandra Turrado.

O Setter Club de España quere agradecer a todos aqueles que fixeron posible a celebración destas probas, en especial ao Concello do Saviñao por poñer á súa disposición espazos públicos para que os amantes dos cans gozasen con eles desta fin de semana.

0.25111103057861