O Saviñao acollerá no mes de maio cursos gratuítos en capacitación e formación dixital

RibeiraSacraXa
Serán en Currelos e Escairón e haberá que anotarse previamente
Imaxe de ordenadores
5 May 2025

O Saviñao acollerá no mes de maio cursos gratuítos en capacitación e formación dixital. Esta actividade, promovida por Red Araña en colaboración co Concello do Saviñao, ten como obxectivo que as persoas participantes adquiran formación en novas tecnoloxías para poder aplicalas no seu día a día.

Así, os e as participantes aprenderán sobre o uso de móbiles e tablets, correo electrónico, ferramentas ofimáticas básicas, certificado dixital e trámites con centros de saúde e outros organismos.

Os cursos terán lugar en Currelos e Escairón cunha duración aproximada de 15 horas e as persoas interesadas poderán inscribirse nos teléfonos 982 452 061 ou 698 196 786.

⚙ Configurar cookies
0.15781402587891