O Santuario de Cadeiras acollerá a finais de agosto unha xornada xubilar

RibeiraSacraXa
Será o domingo, 31 de agosto, ás 12:00 horas
cadeiras-sober
Santuario das Cadeiras, Sober
15 Aug 2025

Baixo o lema “Peregrinos de Esperanza”, o Santuario de Cadeiras acollerá unha xornada xubilar o vindeiro domingo 31 de agosto, a partir das 12:00 horas. A iniciativa forma parte das actividades que as seis dioceses galegas teñen programadas para que os fieis poidan gañar o xubiléu sen necesidade de peregrinar ata Roma.

O primeiro ano xubilar foi proclamado polo papa Bonifacio VIII en 1300, establecendo que quen visitase trinta veces as basílicas de San Pedro e San Pablo durante eses doce meses obtería a indulxencia plenaria, mentres que os peregrinos chegados de fóra de Roma só terían que visitalas quince veces. Seguindo esta tradición, as dioceses galegas habilitaron decenas de templos para facilitar a participación dos fieis durante este ano santo.

⚙ Configurar cookies
0.16333699226379