O San Mateo de Monforte celébrase hoxe
RibeiraSacraXa
O Verán Cultural de Monforte de Lemos acollerá diferentes actividades ata mediados de setembro incluíndo feiras
23 Sep 2023
O Lugar de Cinsa, en Monforte de Lemos, acollerá este sábado o San Mateo pequeno, unha celebración que comezará ás 11.00 horas co rego por Bimbastro, seguirá cunha cata comentada e a cegas dos viños de Baamorto, e despois será misa campestre.
Ao mediodía farase vermú con actuación musical e despois o xantar que consta de xamón, empanada, churrasco con patacas, sobremesa, café, chupito, viño e refresos. Xa pola tarde, ás 17.00 horas haberá un café concerto e despois tardeo rockeiro.