O Samaín chega a Quiroga con música e actividades para os máis pequenos
RibeiraSacraXa
A xornada comezará co contacontos 'Caldo de unto e osos de defunto' con Angeles Goas
31 Out 2024
Quiroga festexa o Samaín este xoves, 31 de outubro, con actividades dirixidas aos máis pequenos da casa, que terán lugar a partir das 18.00 horas no Centro Social e que serán totalmente gratuítas.
A xornada comezará co contacontos 'Caldo de unto e osos de defunto' con Angeles Goas, e continuará cunha merenda. Para rematar as celebracións, haberá unha actuación musical a cargo de DJ Michael.