O saco de Mario foi a tapa gañadora do Concurso de Tapas de Taboada

RibeiraSacraXa
Xa hai gañadores do Concurso de Tapas 2024 da Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada, no que se consumiron máis de 2.
O saco de Mario gañador tapas Taboada
9 Feb 2024

Xa hai gañadores do Concurso de Tapas 2024 da Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada, no que se consumiron máis de 2.800 tapas en tan só 2 días, “un auténtico éxito”, sosteñen os promotores.

Así, o gañador é Bar Mario coa súa "deliciosa e sorprendente" tapa 'O saco do Mario', que consiste en dúas partes: un saco de masa filo recheo de carne de porco combinado con salsa teriyaki e viño tinto, e unha segunda parte composta por humus.

Por outra parte, os gañadores do sorteo dos premios foron José López Ledo, Lisa Rose Wright, Enrique Suárez, Gladis Sampedro Viana, José Ángel Guerreiro e Lucía Taboada Hermida.
0.1401059627533