O sábado que vén volve o Courelson ás parroquias de Folgoso do Courel
RibeiraSacraXa
Nunha edición máis, ademais da música, as persoas asistentes desfrutarán da paisaxe e de produtos locais
14 Xul 2024
A Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel organiza, un ano máis, o Courelson, un evento caracterizado por desenvolver concertos nun un ciclo de Jazz e Blues ao que se pode asistir de maneira gratuíta no luscofusco e con produtores locais que ofrecerán os seus produtos para o desfrute dos asistentes.
Como indica o seu nome, desenvolverase no Courel, en diferentes datas desde xullo a agosto coa colaboración da Deputación de Lugo. Concretamente os grupos actuarán en Seceda, Meiraos, Esperante e Parada.
Con respecto aos grupos que participan, estes serán Marting Aneiros Band o 20 de xullo, MBM, con Lucía Martínez, Antonio Bravo e Baldo Martínez, o 26 de xullo; Zalomon Grass, o 27 de xullo, e Marcos Teira e Ton Risco, o 10 de agosto.