O reitor da USC, Antonio López, será o pregoeiro do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

RibeiraSacraXa
José Tomé vén de anunciar o nome do pregoeiro do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, que será o reitor da USC, Antonio López Díaz.
reitor usc
25 Jun 2022

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de anunciar o nome do pregoeiro da 4ª edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, que será o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, D. Antonio López Díaz.

José Tomé sinalou que “decidimos propoñerlle a Antonio López ser o pregoeiro en 2022 do Festival do Viño porque ademais de ser o reitor da universidade máis importante de Galicia, á que pertence o Campus Terra de Lugo, é lucense, nacido en Barreiros, e sabemos da súa aposta firme pola nosa provincia. Por iso estamos moi satisfeitos de que aceptara ser o pregoeiro do Festival do Viño deste ano.”

O próximo venres día 1 de xullo dará comezo o Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, que terá lugar no paseo do Malecón e no que participarán 27 adegas, o número máis alto de participación das catro edicións celebradas.

No acto de inauguración que terá lugar dende 19 horas da tarde no propio recinto do Festival, actuará o grupo Donaire e posteriormente haberá un saúdo institucional do Alcalde, José Tomé Roca, para as autoridades presentes, adegueiros e público en xeral, rematando dito acto coa intervención do reitor da USC.

Antonio López Díaz naceu o 23 de xaneiro de 1964 en Barreiros (Lugo). É Catedrático de Dereito Financeiro e Tributario na Universidade de Santiago de Compostela (USC), e actualmente é reitor de dita Universidade dende o 5 de xuño de 2018.

Tamén foi Conselleiro do Consello de Contas de Galicia de 2007 a 2014, institución na que exerceu como Conselleiro Maior (de xuño de 2007 a setembro de 2010) e como responsable da Área de Corporacións Locais (desde 2010 ata xaneiro de 2014).
Antonio López é Licenciado en Dereito pola USC (1986) e Premio Extraordinario de Licenciatura, e Doutor en Dereito (1991) por dita universidade.

Así mesmo, tamén desenvolveu os seguintes cargos como o de vicerreitor de coordinación do campus de Compostela e vicerreitor de xestión de infraestruturas da Universidade de Santiago de Compostela (1998-2002) ou decano da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela (2005-2007), entre outros.

Ademais, é autor de numerosas publicacións relacionadas coa súa área de coñecemento, tanto monografías como artigos en revistas especializadas. Son de resaltar os seus estudos en cuestións referidas a procedementos tributarios, especialmente recadación, así como os seus estudos en materia de financiamento autonómico e local, así como o gasto público e o seu control. A súa formación completouse con estancias en Universidades Europeas (Bolonia) e americanas (Sao Paulo e Montevideo).

Tamén no campo da investigación participou en numerosos proxectos de investigación sendo investigador principal de diversos proxectos e de convenios e contratos con empresas e institucións.

Antonio López Reitor USC

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17003417015076