O recital poético e musical As aldeas da memoria terá lugar este xoves na Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
O recital poético e musical As aldeas da memoria terá lugar este xoves na Pobra do Brollón e contará coa participación de artistas
recital poético As aldeas da memoria
recital poético As aldeas da memoria
16 Maio 2023

O poeta Baldo Ramos, o fotógrafo Nachok e o músico Mano Panforreteiro estarán este xoves na presentación do libro 'As Aldeas da Memoria' na Casa da Cultura Olga Novo da Pobra do Brollón ás 20.15 horas.

'As Aldeas da Memoira' é un ensaio artístico visual e literario que, segundo comenta o escritor Daniel Caxigueiro no prólogo, dá unha visión dos "espazos que na memoria e nos lugares queda desa Galiza esvaecida por un contexto social que tolerou a decadencia e abandono dun sistema de valores, dunha forma de vida que se nega a marchar de todo".

As persoas asistentes a este evento, que terá entrada gratuíta, recibirán un exemplar do libro.

0.13799691200256