O Quixós obtivo dous ouros da man da Noa Díaz no Campionato Galego de Eslalon

RibeiraSacraXa
O Campionato Galego de eslalon da pasada fin de semana, celebrado en Dumbría, deixou un bo sabor de boca aos integrantes do Quixós, o equipo de piragüismo de Monforte, que acadou 9 medallas.
Os Quixos Campionato Galego
18 Nov 2023

O Campionato Galego de eslalon da pasada fin de semana, celebrado en Dumbría, deixou un bo sabor de boca aos integrantes do Quixós, o equipo de piragüismo de Monforte, que acadou 9 medallas.

Así, Noa Díaz proclamouse campioa galega en K-1 e en C-1 en categoría xuvenil, cunha gran superioridade con respecto ás demais participantes; e Carlos alzouse como subcampión galego K-1 na categoría de veteranos.

Pola súa banda, Efrén conseguiu o bronce no K-1 xuvenil e Santi acadou o bronce tamén no K-1, pero en categoría veterano.

Con respecto ás patrullas conformadas por Noa, Nerea e Ximena estas conseguiron o ouro en patrullas K-1 e C-1 xuvenil; mentres que as patrullas conformadas por Efrén, Diego e Jacobo acadaron a prata en K-1 e C-1 xuvenil.

Por último, na clasificación xeral por equipos, o Quixós ocupou a tercera posición, acadando o bronce, mentres que o segundo foi o equipo Penelo e o Tea o campión.

Con estes bos resultados, o equipo rematar este ano con diversos motivos para sentirse orgulloso dos seus deportistas e esperan que de cara ao ano que vén poidan seguir sumando victorias.

0.20833492279053