O Quiroga Trail Challenge puxo fin á súa undécima edición cunha participación masiva de corredores e voluntarios

A undécima edición do Quiroga Trail Challenge, a proba raíña do trail running galego, volveu brillar os días 15 e 16 de febreiro, consolidándose como unha das citas imprescindibles do calendario. Cunha participación masiva de corredores e voluntarios, a organización destacou o alto nivel competitivo e a implicación de toda a comunidade.
Os directores da proba, Blas Rodríguez e Manuel Barreiro, quixeron salientar, unha vez máis, a importancia dos voluntarios no éxito do evento: “Repetímonos moito cando dicimos que sen os voluntarios isto non sería posible, pero é que simplemente é unha realidade”, afirmaron emocionados.
Primeira xornada
O sábado arrancou coas probas máis esixentes, onde os atletas se mediron nas distintas distancias do desafío. Na ultra de 83 quilómetros, David Álvarez Lorenzo (AC Castelos Trail Club) proclamouse campión, seguido de Rubén Diéguez Quiroga e José Manuel Gil Bernárdez (AC Castelos Trail Club). Na categoría feminina, o podio ocupárono Vanessa Pérez Castelao (Terras de Burón), Anabel Ruíz Gutiérrez (Rasines Trail) e Ana M.ª Martínez Fernández (GM Ensidesa Gijón).
Na ultra de 53 quilómetros, os tres primeiros clasificados foron Fidel Fernández Varela (La Braña Solorunners), José Santiago Villar (Os Corzos do Ortegal) e David Porto Pérez (AC Castelos Trail Club). En mulleres, a vitoria foi para Angels Llobera (Inov 8), acompañada no podio por Patricia Noya (Tribu Trail) e Belén Rodríguez (Running Sport Trail).
A proba de maratón tivo como vencedor a Santiago Mezquita Fernández (Solorunners Valladolid), con Marcos Leonardo Alonso (CDM La Bóveda) e Marcos Antonio Pascual Fidalgo (CD Biosbardo) completando o podio. Na categoría feminina, a gañadora foi Carolina Niño (Traileros Toxos & Birras), seguida de Loreto Rodríguez Martínez (Atletismo Baiona) e Shirley Carolina Garcés (Traileros Toxos & Birras).
Na distancia trail, os tres primeiros foron Jaime Romo Santamaría (Solorunners Valladolid), Marcos Naya Badallo e Miguel Vázquez Grela (ambos de Traileros Toxos & Birras). Na clasificación feminina, o primeiro posto foi para Alina Cimpean (GTR Galaico Trail Running), seguida de Rocío Lavín Barquín (Club Deportivo Ozono) e Cristina Galván Alfonso (Solorunners Valladolid).
O minitrail tivo como vencedores na categoría masculina a Eloy Martínez Faro (AC Castelos Trail Club), Pablo Vecino Rey (Tribu Trail) e Mario Rouco Rey (CD 21 Leguas). Na feminina, as máis rápidas foron María Platero Prado (Traileros Toxos & Birras), Rosa López Teijeiro (Os Corzos do Ortegal) e Estefanía Muras Serantes (Os Corredores do Inferno).
Na nova modalidade Carreiriña, destinada aos máis novos, os campións foron Álvaro Soto Des (Club Deportivo Delikia, Xabarín), David Fernández Martínez (La Braña Solorunners) e Tomás Fernández Otero (Club Deportivo Delikia, Promesa). Na categoría feminina, subiron ao podio Saleta Pérez Fernández (Club Deportivo Delikia, Promesa), Soledad Rocha Romero (Metas Imposibles Trail Team) e Nieves Iglesias Pereira (Indoor Club de Escalada, Promesa).
Segunda xornada
O domingo continuou a acción con novas probas. No trail, os gañadores foron Javier Janeiro Cerdeira (Kórpore Arenteiro Trail), Sebastián Reboreda Lorenzo (A.D Mondariz) e Iván Reboredo Sanjurjo (Traileros Toxos & Birras). Na categoría feminina, a vitoria foi para Alina Cimpean (GTR-Galaico Trail Running), seguida de Sonia Méndez Pérez (Toxiza Clube de Montaña) e Cristina Rodríguez Villar (Running Sport Trail).
Na modalidade de minitrail, os máis rápidos foron Eloy Martínez Faro (AC Castelos Trail Club), Pablo Vecino Rey (Tribu Trail) e Moisés Bereijo Nebril. Na clasificación feminina, o podio estivo conformado por María Platero Prado (Traileros, Toxos & Birras), Nerea Castro Nogueira e Carolina Niño (Traileros, Toxos & Birras).
Na Carreiriña, os gañadores foron Manuel Currás Estevez (Nocedo Trail Team), Fernando González Rodríguez (Objetivo Trail) e Pepe Mansilla Barreiro (Club Deportivo Inclusivo Enki) en homes, e Maica Rodríguez (Metas Imposibles Trail Team), Xiana Bugallo Paz (Club Deportivo Delikia) e Valeria González Rodríguez (Club Deportivo Delikia) en mulleres.
Os circuítos premian a resistencia e constancia
Para os máis valentes que competiron nos circuítos de ambas xornadas, os gañadores foron:
- Circuíto ultra 83k: José M. Gil, Víctor Maneiro e Xosé M. Fernández (sen participación feminina).
- Circuíto ultra 53k: David Porto, Edu Fabeiro e José M. Fernández en homes; Patricia Noya, Aida Rodríguez e Silvi Arce en mulleres.
- Circuíto maratón: Fran Tosar, Paco Muñoz e Manu Gómez en categoría masculina; Carolina Niño, Lourdes Vázquez e Fina Blanco en feminina.
- Circuíto trail: Lucas Hernández, Manuel Piñeiro e Javier González en homes; Alina Cimpean, Fanny Abelenda e Álex Vidal en mulleres.
- Circuíto minitrail: Eloy Martínez, Pablo Vecino e Moisés en homes; María Platero, Serafina Pereira e Alba Midón en mulleres.
- Circuíto Carreiriña: Fernando González, Clemente Ferrer e Francisco J. Peniza en varóns; Soledad Rocha, Valeria González e Xiana Bugallo en categoría feminina.
Unha proba consolidada no calendario
O Quiroga Trail Challenge 2025 volveu confirmar o seu estatus como unha das probas máis destacadas do panorama nacional. A organización salientou o crecente nivel dos corredores, con nomes habituais que xa converteron a carreira nunha cita obrigada, sen perder a súa esencia de competición popular e accesible.
O evento foi posible grazas ao labor conxunto da organización, voluntarios, patrocinadores, colaboradores e o apoio imprescindible do Concello de Quiroga. Cun balance máis que positivo, a organización xa mira cara ao futuro coa vista posta na próxima edición.