O Quiroga Trail Challenge puxo fin á edición de 2026 reunindo a 1.300 corredores

RibeiraSacraXa
As paisaxes de Quiroga e do Xeoparque Montañas do Courel volveron ser o escenario dunha das probas de trail máis esixentes do noroeste peninsular
quiroga-trail-challenge-2026
2 Mar 2026

O Quiroga Trail Challenge celebrou esta fin de semana a súa duodécima edición cun rotundo éxito de participación, congregando a 1.300 corredores este domingo nunha xornada que volveu situar ao territorio do Castelo como epicentro do trail no noroeste peninsular.

A proba puxo de novo en valor as paisaxes de Quiroga e do Xeoparque Montañas do Courel, consolidándose como unha das citas destacadas do calendario. A etapa do domingo ofreceu percorridos técnicos e variados que esixiron o máximo esforzo físico e estratéxico aos participantes en cada unha das distancias, nunha competición de máximo nivel.

No Circuíto Ultra 65K, a distancia máis esixente do programa, o triunfo absoluto masculino foi para David Porto Pérez, mentres que en categoría feminina a vitoria correspondeu a Carolina Niño. Pola súa banda, no Ultra 57K, Eduardo Fabeiro Raposo proclamouse gañador absoluto en categoría masculina e Patricia Noya fixo o propio na clasificación feminina.

A proba de Maratón 42K tivo como vencedor absoluto masculino a David Domínguez, mentres que Vanesa Varela Crespo se impuxo en categoría feminina tras completar o percorrido co mellor tempo entre as participantes.

No Maxitrail 35K, Víctor Maneiro Freire logrou a vitoria absoluta masculina e Carlota Muñoz Saiz encabezou a clasificación feminina. Pola súa parte, o Trail 29K coroou como gañador absoluto masculino a Lucas Hernández Sesma, nunha proba que volveu destacar pola súa esixencia técnica, mentres que no Minitrail 17K, Álvaro Soto Des foi o primeiro en cruzar a meta en categoría masculina e Marian Torio Antolín alzouse coa vitoria feminina. Finalmente, no Circuíto Carreiriña, Nico Lorenzo Castro conseguiu o triunfo absoluto masculino e Sandra Fernández Yáñez foi a vencedora en categoría feminina.

A organización destaca o excelente comportamento dos corredores e o apoio constante do público ao longo do percorrido, así como a implicación de voluntarios, colaboradores e patrocinadores, fundamentais para o desenvolvemento do evento.

0.11583209037781