O Quiroga Trail Challenge pecha o primeiro período de inscricións con 620 persoas anotadas

RibeiraSacraXa
A proba consolídase como unha das citas máis destacadas do deporte de montaña do noroeste peninsular
quiroga-trail-challenge-fot-miguel-rua
Quiroga Trail Challenge. Foto de Miguel Rúa
14 Nov 2025

O Quiroga Trail Challenge vén de pechar pecha o primeiro período de inscricións, que se abriu o pasado 13 de outubro, con 620 persoas anotadas, uns datos consolidan a cita como unha das probas de montaña máis destacadas do noroeste peninsular.

Tras os incendios forestais rexistrados este verán na comarca, a proba viuse obrigada a adaptar os seus trazados, e se agarda que en 2026 a zona do Lor recupere protagonismo, xa que foi unha das áreas menos afectadas.

A competición celebrarase ao longo de dúas xornadas e incluirá varias distancias adaptadas a diferentes niveis de experiencia, combinando técnica, beleza paisaxística e esixencia física. Os percorridos discorrerán polo Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel, un escenario natural de gran valor ambiental e un dos espazos máis emblemáticos da provincia de Lugo.

Ademais do compoñente deportivo, o Quiroga Trail Challenge mantén o seu espírito familiar e o seu firme compromiso coa sustentabilidade e coa promoción do territorio como destino de natureza e aventura. A organización traballa un ano máis para ofrecer “unha experiencia segura, emocionante e respectuosa co entorno”.

⚙ Configurar cookies
0.071714878082275