O Quiroga Trail Challenge 2026 celebra o éxito da etapa do Lor

RibeiraSacraXa
A proba contou cunha gran participación e consolídase como un dos trail running máis destacados de Galicia
Quiroga-Trail-Challenge-imaxe-de-Miguel-Rúa
Quiroga Trail Challenge, imaxe de Miguel Rúa
1 Mar 2026

O Quiroga Trail Challenge 2026 celebrou este sábado unha xornada de éxito coa Trail do Lor, unha proba que contou cunha “participación masiva”, segundo destaca a organización, e que se consolida como unha das probas de trail running máis destacadas de Galicia.

O evento tivo lugar no incomparable contorno do Xeoparque Montañas do Courel, recoñecido polo seu valor xeolóxico e paisaxístico, e ofrecéulles aos corredores un percorrido esixente e visualmente impresionante. As sendas escarpadas, os bosques autóctonos e os miradoiros sobre o val do Lor proporcionaron un escenario único para a competición.

A meteoroloxía, celebran os organizadores, acompañou durante toda a xornada, con temperaturas suaves, ceos despexados e terreo en boas condicións, o que permitiu aos participantes gozar plenamente do percorrido e dar o mellor de si neste esixente contorno.

Desde a organización quixeron destacar tamén o comportamento “exemplar” dos corredores, o apoio do voluntariado e a implicación do público local, que volveu volcárse coa proba. A Etapa do Lor reafirma o crecemento da competición, que combina deporte, respecto polo contorno e promoción do patrimonio natural.

Blas Rodríguez, director do Quiroga Trail Challenge, valora que esta edición reforza a identidade do evento e proxecta o val do Lor e o Xeoparque Montañas do Courel como un destino de referencia para o trail running a nivel nacional.

0.11875891685486