O Quintento de Vento Zoar actuará o 2 de abril na Casa da cultura Poeta Lois Pereiro

O Quintento de Vento Zoar dará un concerto o vindeiro mércores, 2 de abril, na Casa da cultura Poeta Lois Pereiro. A cita, organizada pola Sociedade Filharmónica de Monforte dentro do programa de actividades para conmemorar o seu 75 aniversario, arrancará ás 20.15 horas.
Zoar é un conxunto de cámara activo dende 2009, coñecido polo seu compromiso coa nova creación e a colaboración con artistas como Os Monicreques de Kukas, Manuel Rivas ou Carlos Vidal ‘Lytos’. Destacan pola súa aposta por recuperar e estrenar obras esquecidas, ademais de encargos a compositores actuais. Actúan nos principais escenarios galegos e tamén a nivel internacional. Publicaron varios discos e están formados por músicos de prestixio, como Joan Ibáñez (flauta), David Villa (oboe) e Álex Salgueiro (fagot), entre outros.