O Quimedo 2025 colga o cartel de “Sold Out”

A sexta edición do Quimedo, que terá lugar o o próximo sábado 25 de outubro, colga o cartel de “Sold Out” con 1200 persoas inscritas. Con estas cifras, a gran festa do terror de Quiroga consolídase un ano máis como unha das experiencias de maior éxito celebradas no municipio.
Desde a organización explican que o mesmo día do evento haberá algunhas entradas no propio recinto, e avanzan que este ano o evento incorporará novidades e novas experiencias, co obxectivo de sorprender aos participantes e consolidarse como unha das citas máis esperadas no municipio.
A actividade consiste nun percorrido por un gran túnel do terror instalado no casco urbano de Quiroga e en Pacios de Mondelo, converténdose nunha proposta que combina lecer, participación e tradición local.