O Qui-Roma encheu a vila de Quiroga de interesados no gran desfile Qui-Romano e na loita de gladiadores

RibeiraSacraXa
Romanos e castrexos acompañaron ao César romano, ao rei castrexo e ás lexións romanas ao seu paso no desfile 'Arde Loucos'
Qui-Romaa-2024
19 Ago 2024

Quiroga acolleu, un ano máis, a festa romana castrexa do Qui-Roma, que este ano cumpriu a súa novena edición na vila, onde se desenvolveron diversas iniciativas.

Así, os pratos fortes foron o gran desfile Qui-Romano 'Arde Loucos' e a posterior loita de gladiadores romanos e castrexos. A rúa Real de Quiroga encheuse para ver pasar o desfile no que os bois de Mario Nogueira chamaron unha vez máis a atención dos que agardaban.

Romanos e castrexos acompañaron ao cesar romano, ao rei castrexo e as lexións romanas ao seu paso. Na area do anfiteatro chegou o momento da loita na que os castrexos conseguiron gañar aos romanos grazas a apócema dos bruxos castrexos.

A noite do IX Qui- Roma remataba coa praza do auditorio abarrotada, o concerto co grupo Dinosaurios e a Disco-Móbil EMEMUSIC poñían o fin de festa ata altas horas da madrugada.

0.18379211425781