O Qui-Roma chega este sábado a Quiroga con gran variedade de actividades

RibeiraSacraXa
Exposicións, desfiles, actividades para nenos e nenas e moita música serán os pratos fortes dunha nova edición da festa romana-castrexa de Quiroga
Qui-Roma-3
16 Aug 2024

A festa de recreación romana Qui-Roma, que se celebra este sábado, 17 de agosto, en Quiroga, xa ten todo o programa completo de actividades para as persoas interesadas que se acheguen a desfrutar da festa.

Así, todo comezará ás 09.30 horas coa ruta de cabalos, mentres que ás 11.00 horas abrirase o mercado Qui-Romano na Vía Rex (Rúa Real). Ao longo do xornada, haberá demostracións de artesanía e traballos de alambre e durante a mañá, porá a música o Dj Adri. Tamén, a partir das 11.00 horas, comezarán os xogos para os nenos e nenas con creación de xoias, escudos e espadas e haberá hinchables romano-castrexos de balde para nenos e nenas polo recinto.

Para os adultos, de 11.00 a 12.00 horas terá lugar a visita guiada no Museo Xeolóxico con enfoque á cultura castrexo-romana e de 12.00 a 13.00 horas será a visita guiada no Museo Etnográfico con enfoque á cultura castrexo-romana. Ademais, ás 11.30 horas terá lugar o desfile da Guardia Romana Lucus Equites, así como será o Paseo en Poni polo recinto. Xa ás 12.00 horas será a Batucada XDL de Quiroga, ás 12.45 horas terá lugar a actuación da Guardia Romana Lucus Equites e ás 13.00 horas será o vermú Qui-romano coa Batucada XDL.

Xa pola tarde, haberá exposición dos espectaculares Bois do Quirogués Mario Nogueira de Chao da Casa e ás 17.45 horas a Escola de Pequenos Gladiadores Qui-Romanos farán un espectáculo para nenos e nenas. Xa ás 18.30 horas terá lugar o Bingo Qui-romano e ás 19.00 horas será o segundo desfile da Guardia Romana Lucus Equites, así como terá lugar o espectáculo circense de asacocirco show, con malabares, lume, e espectáculo para toda a familia. Xa ás 20.00 horas haberá de novo Bingo Qui-romano e ás 20.30 horas terá lugar o desfile Qui-Romano Arde-Loucos pola rúa Real coa participación da Guardia Romana Lucus Equites, Mario Nogueira cos seus bois e todo o que queira participar.

Finalmente, á noite, a partir das 21.00 horas, terá lugar o espectáculo-recreación de loita de gladiadores Qui-Romanos vs castrexos na praza do Auditorio, a partir das 21.30 horas virá coa súa música o Dj Adri e tamén a esa hora terá lugar a cea con paella, postre, bebida e café. Finalmente, ás 23.00 horas será o concerto do grupo Dinosaurios de Monforte e ás 00.30 horas seguirá a festa coa Disco-Móbil Eme Music e cun gran sorteo.

0.16208696365356