O Punto Limpo Móbil pasará polas parroquias da Pobra do Brollón en xullo
RibeiraSacraXa
O obxectivo é recadar refugallos dos veciños e veciñas para que non os tiren en lugares que non son os apropiados
26 Jun 2024
O Punto Limpo Móbil volverá circular polas parroquias do Concello da Pobra do Brollón a partir de xullo co fin de recadar refugallos dos veciños e veciñas.
Desta maneira, pasará por Parada dos Montes o 2 e o 3 xullo; por Salcedo do 4 ao 7 de xullo; por Lamaigrexa o 8 e o 9 de xullo; por Castroncelos, o 10 e o 11 de xullo; por Barxa de Lor, do 12 ao 14 de xullo; e pola Estación, o 15 e o 16 de xullo.
O Punto Limpo Móbil serve para depositar pilas, medicamentos e os seus envases, lámpadas e tubos fluorescentes, aerosois, aceite usado de cociña, envases baleiros de pinturas e tóners e cartuchos de impresoras.