O Punto Limpo Móbil inicia un novo percorrido polas parroquias da Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
O servizo boutou a andar este luns en Parada dos Montes e e continuará polas distintas parroquias do concello, cun total de 24 percorridos até o mes de setembro
punto-limpo-mobil-a-pobra-do-brollon
24 Mar 2026

O Concello da Pobra do Brollón anunciou que o Punto Limpo Móbil iniciou este luns, 23 de marzo, un novo percorrido polas parroquias do municipio. O servizo permanecerá unha semana en cada parroquia, permitindo á veciñanza realizar o depósito seguro e o reciclaxe de pequenos residuos contaminantes, como pilas, medicamentos e os seus envases, lámpadas e tubos fluorescentes, aerosois, aceite usado de cociña, envases baleiros de pinturas, e tóners e cartuchos de impresoras.

O percorrido comezou na parroquia de Parada dos Montes e continuará polas distintas parroquias segundo o calendario establecido polo Concello, que se estenderá até o mes de setembro, cun total de 24 percorridos. Esta iniciativa ten como obxectivo facilitar á cidadanía a correcta xestión destes residuos e contribuír á protección do medio ambiente.

percorrido-punto-limpo-mobil-brollon
0.13144683837891