O Punto Limpo Móbil de Chantada estará instalado ata o 30 de abril nas parroquias de Arcos e A Sariña

O Punto Limpo Móbil de proximidade de Chantada retomou o seu funcionamento este mes de abril e, entre este mércores e o vindeiro 30 de abril, situarase nas parroquias de Arcos e A Sariña.
O servizo préstase todos os meses na Avenida de Monforte e na Praza de Catro Camiños e, ademais, cada 15 días, dúas unidades viaxan por diferentes parroquias do municipio para facilitar a recollida de residuos e a reciclaxe entre a veciñanza.
No caso de Aros, a unidade estará situada na Casa Escola, e poderanse depositar dende pilas usadas, cápsulas de café, discos e vídeos, fluorescentes, baterías, aceite doméstico vexetal, residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, pinturas, disolventes, aerosois, lámpadas, radiografías, cartuchos de tinta e tóner ou cápsulas de café.