O Punto Limpo Móbil de Chantada achegarase este mes ás parroquias de Fornas e San Pedro de Viana

O Punto Limpo Móbil de proximidade de Chantada, que retomou o seu funcionamento o pasado mes de abril, trasladarase durante a primeira quincena de setembro ás parroquias de Fornas e San Pedro de Viana.
No caso Fornas, a unidade estará situada na Igrexa, mentres que no caso de San Pedro de Viana, a localización será no lugar de Viana. O servizo en ambas parroquias prestarase dende este luns ata o 15 de setembro.
A veciñanza poderá depositar nestes puntos dende pilas usadas, cápsulas de café, discos e vídeos, fluorescentes, baterías, aceite doméstico vexetal, residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, pinturas, disolventes, aerosois, lámpadas, radiografías, cartuchos de tinta e tóner ou cápsulas de café.
O servizo préstase todos os meses na Avenida de Monforte e na Praza de Catro Camiños e, ademais, cada 15 días, dúas unidades viaxan por diferentes parroquias do municipio para facilitar a recollida de residuos e a reciclaxe entre a veciñanza.