O Punto Limpo Móbil chega a Bembibre, Taboada, para facilitar a reciclaxe entre a veciñanza

RibeiraSacraXa
O servizo, situado fronte ao pazo de San Pedro, permite clasificar residuos en oito compartimentos diferentes durante toda esta semana
taboada-punto-limpo-mobil-
22 Jul 2025

O Concello de Taboada continúa apostando pola reciclaxe e a sustentabilidade coa instalación do seu Punto Limpo Móbil na parroquia de Bembibre. Durante esta semana e ata o día 27 de xullo, as veciñas e veciños poderán depositar residuos de forma cómoda sen necesidade de desprazarse, xa que o servizo está habilitado fronte ao pazo de San Pedro.

O Punto Limpo Móbil conta con oito bocas diferenciadas, todas sinalizadas con nomes e imaxes que facilitan a correcta separación dos residuos. Entre os materiais que se recollen atópanse envases de plástico, latas, bricks, pilas, baterías, aceites usados, envases de vidro, papel, cartón, roupa, calzado, lámpadas, fluorescentes e pequenos electrodomésticos.

Desde a Área de Cultura, Deporte e Medio Rural do Concello destacan que esta medida pretende achegar á cidadanía as ferramentas necesarias para favorecer o coidado do medio ambiente e reducir o impacto dos residuos no municipio.

⚙ Configurar cookies
0.17281103134155