O Punto de Atención á Infancia de Bóveda abre as matriculacións

RibeiraSacraXa
As persoas interesadas en matricular aos seus fillos poderán facelo ata o día 30 de abril
PAI-Bóveda
PAI Bóveda
16 Apr 2025

O Concello de Bóveda vén de abrir o período de matriculación no Punto de Atención á Infancia (PAI). Dende hoxe, 16 de abril, e ata o vindeiro día 30, as persoas interesadas en matricular aos seus fillos e fillas poderán facelo presentando a solicitude nas dependencias municipais, en horario de 9.30 a 14.30 horas.

A documentación requirida poderá consultarse a través da sede electrónica do Concello. Unha vez presentadas as solicitudes, a lista definitiva de admitidos e excluídos publicarase no taboleiro de anuncios da web o do Concello e no propio PAI. Ademais, os admitidos recibirán a resolución por escrito.

⚙ Configurar cookies
0.074112892150879