O PSOE reforza a súa presenza en Ribas de Sil

RibeiraSacraXa
O PSOE reforza a súa presenza en Ribas de Sil despois dos resultados obtidos nas eleccións municipais do 28 de maio
O Presidente da Deputación de Lugo e o Alcalde de Ribas de Sil
11 Xuño 2023

Miguel Ángel Soutela consegue de novo a maioría absoluta con 5 concelleiros, reafirmando o seu papel de rexedor, como leva facendo desde 1998

Os resultados en Ribas de Sil son practicamente os mesmos que os das eleccións municipais de hai catro anos, en 2019, cando o PSOE de Miguel Ángel Soutela conseguiu 5 concelleiros e o PP 2. Desta volta, quedaron igual, aínda que os votos foron distintos. Por unha parte, das 820 persoas censadas neste concello das Terras do Courel, votaron 677, sufraxios que se repartiron en 394 para os socialistas e 227 para os populares.

Porén, certo é que a forza política encabezada este ano por Jose Rodríguez acadou máis apoios que na candidatura do 2019, xa que naquela os populares só conseguiran 169 votos.

Así, desde a agrupación azul quixeron felicitar ao alcalde e a todo o seu equipo polos resultados acadados, pero tamén quixeron dar as grazas “a esas 227 persoas que decidiron confiar en nós e no noso proxecto”.

Ademais, defenderon que seguirán “loitando por un Ribas de Sil mellor durante este catro anos porque aínda queda moito camiño por percorrer, pero non é imposible facelo”, sentenciaron.

CONCELLEIROS ELECTOS

  • Miguel Ángel Sotuela Vega PSOE
  • Roberto Castro González PSOE
  • Luis Rodríguez Macía PSOE
  • Rosa María Quiñones Rodríguez PSOE
  • María Carmen González Vázquez PSOE
  • Jose Rodríguez Fernández PP
  • Emilia Sandra Macía González PP

Por último, tamén se presentou a estes comicios o BNG con Emilio Fernández Díaz como cabeza de lista, pero só obtiveron 38 votos, o que non lles supuxo ningún escano e, polo tanto, tampouco representatividade no goberno local.

Aínda así, quixeron dar grazas a todos “os que vos acercastes a votar na xornada do domingo”. Así, quixeron resaltar que “despois de 12 anos sen presentarse o BNG, conseguimos un 5,72% de votos”.

Tamén, defenderon que “imos seguir traballando os vindeiros 4 anos por que a xente e as aldeas necesitan ser escoitados e axudados, para que o noso concello non siga con unha clara perda demográfica”.

ribas de sil 2019 2023
0.20622396469116