O PSOE presentou unha proposición Non de Lei para reclamar á xunta o reforzo da liña entre Monforte e Lugo

LugoXa | SarriaXa | RibeiraSacraXa
A portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Patricia Otero, criticou os “parches” de Xunta e PP para os usuarios da liña de bus entre Monforte e Lugo, aos que "obrigan a viaxar de pé", defendeu Otero, quen presentou unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta o reforzo da liña das 7.
Patricia Otero pseo
19 Oct 2023

A portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Patricia Otero, criticou os “parches” de Xunta e PP para os usuarios da liña de bus entre Monforte e Lugo, aos que "obrigan a viaxar de pé", defendeu Otero, quen presentou unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta o reforzo da liña das 7.00 horas, que foi rexeitada polo PP, recomendando madrugar unha hora máis para coller a liña das 6 da mañá.

A responsable socialista lembrou que os viaxeiros poden ir de pé pero “en supostos excepcionais e traxectos curtos”, o que non é o caso da parada de Láncara, que recolle a estudantes daquel concello e tamén do Páramo, Sarria ou O Corgo, que viaxan aos centros educativos de Lugo.

Así, acusou ao goberno galego de obrigalos a permanecer de pé ou sentados nas escaleiras con tal de non habilitar unha nova liña de bus e explicou que, á saída do bus, en Monforte, xa queda con todas as prazas cubertas e chega a Láncara sen cadeiras baleiras, co que chegaron a quedar ata 10 rapaces na parada, que agora teñen que manterse en pé nas 8 paradas que quedan ata chegar a Lugo.

Por todo isto, Otero reclamoulle á Xunta que atenda á petición das familias, que piden unha liña máis para resolver este problema que “non é un caso puntual” como está a dicir a Xunta, e que responda da solicitude do Concello de Láncara, que leva solicitando adherirse á Área de Transporte Metropolitano de Lugo dende o ano 2016, sen que ata hoxe responderan nada.

"Lembro que o propio alcalde presentou alegacións ao lote do transporte de viaxeiros, ademais de 500 sinaturas dos veciños e veciñas que foron desatendidas polo goberno galego, que mesmo quixo suprimir o transporte en 2018 ata que os ameazou con ir á Fiscalía", concluíu.

0.15178179740906