O PSOE do Saviñao denuncia que un concelleiro popular acompañou a maiores a solicitar o voto por correo

RibeiraSacraXa
O PSOE do Saviñao denuncia que un concelleiro do PP do Saviñao acompañou a maiores a solicitar o voto por correo
Celeste Rodríguez PSOE O Saviñao
19 May 2023

A agrupación do PSdeG no Saviñao vén de denunciar que, ao longo da xornada do xoves, un concelleiro do Partido Popular do municipio conduciu a diferentes persoas de vivendas tuteladas de Escairón á oficina postal para solicitar o voto por correo.

“É xa unha práctica habitual do PP, pero non por ser habitual deixa de sorprendernos, pois non é nin ético nin legal”, laiou o candidato socialista, Celestino Rodríguez.

Ademais, apuntou que "é normal que as persoas que viven alí necesiten axuda, pero para iso está o persoal da empresa que xestiona esa dotación social”, explica o candidato socialista, que lamenta que un responsable municipal “cun salario pagado por todos e todas, estea facendo esas cousas para conseguir votos sectarios para o Partido Popular”.

Así, di que foi alertado por varios os veciños, "que nos dixeron que un dos concelleiros do PP estivo ao longo da xornada de hoxe, que é o último día que se pode solicitar o voto por correo, levando xente da residencia tutelada á oficina postal. Iso non pode ser”, denuncia Rodríguez.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17097997665405