O PSOE de Sober levará unha batería de preguntas e queixas ao próximo pleno

RibeiraSacraXa
El PSOE de Sober llevará al próximo pleno una batería de preguntas y quejas vecinales sobre la limpieza y mejora de caminos.
sober casa concello
6 Abr 2022

Os socialistas de Sober demandarán explicacións ao Goberno Local, na vindeira sesión plenaria sobre os verquidos da depuradora e o parque infantil de Canaval, o arranxo de camiños en Doade, a limpeza na parroquia de Rosende ou a remodelación da ponte da Barca, entre outros asuntos.

Así o avanzou hoxe o Voceiro Socialista, Eladio Fernández quen explicou que dende finais de febreiro a depuradora de Canaval estivo vertendo augas sen depurar directamente o Rio Cabe. Advirte “que xa sucedeu moitas veces este tipo de anomalías e vemos que desde o Concello non se arraxa de forma definitiva. Por iso queremos saber cando ten pesado Concello eliminar estes vertidos e cal e a solución que vai abordar para que non se volva repetir?”.

En relación a parroquia de Doade, advirten que o Concello ten pendente de colocar un espello no cruce da Margarida. Critican que este espello leva tempo almacenado nunha propiedade dun veciño, pero nadei se acercou a colocalo. Ata cando teñen que esperar os veciños para que o Concello coloque un simple espello nun cruce?”, denuncian.

Sobre esta mesma parroquia, dende o PSdeG, fanse eco das queixas dos veciños que reclaman que se pavimente o camiño do Pomar, desde a bodega do Fidel ata as casas do Pomar. “A veciñanza xa demandou en diversas ocasións o adecentamento destes viais municipais, e pedimos que o Concello execute estas obras”, remarcan.

Parroquia de Canaval
Tamén hai queixas sobre a reforma do parque infantil de Canaval executada polo Concello. “Segundo a información que nos pasan os veciños aseguran que non se cumpriron os requisitos de seguridade e actualmente parece ser que non cumpre ca normativa. Por iso queremos saber si o parque cumpre con toda a normativa de seguridade vixente?, e quen asesorou ao Concello para realizar estas actuacións?, sinalan.

Reforma na estación
Eladio Fernández tamén quere saber si por parte do Concello se solicitou un paso elevado ou soterrado na estación de Canaval, onde actualmente se están executando obras para reformar a vía do tren desde Ourense a Monforte, co fin de favorecer a mobilidade da veciñanza.

Sobre a parroquia de Rosende, queren coñecer as explicacións sobre porque non se limpa os espazos públicos nesta zona. “Ten pensado o Alcalde facer limpeza do salgueiral que está invadindo o espazo da Lama Dos Campos?”, preguntan.

Limpeza de fincas
O Voceiro socialista tamén amosa o seu malestar sobre os requirimentos que está realizando o Concello para que se limpen as fincas de monte que carrexan algún risco de incendio nas poboacións cércanas. “Entendemos que o primeiro que ten dar exemplo en limpar os camiños é o propio Concello, xa que é a propia veciñanza quen denuncia que para limpar as súas propias fincas teñen dificultades, xa que por eses mesmos camiños públicos son polos que teñen que pasar e advirten que están sen rozar”, replican.

Renovación da ponte da Barca
Por último Eladio Fernández lembra que presentou unha iniciativa, e que foi aprobada por unanimidade no pasado pleno do 24 de xuño, coa que se instaba a renovación da ponte da Barca, na desembocadura do rio Cabe co Rio Sil. “Queremos saber que avances hai sobre este proxecto e que conversas tivo o Concello coa Confederación Hidrográfica para poder executalo?”, explican.

0.19371700286865