O PSOE de Pantón denuncia que o Goberno local utiliza as redes sociais "con fins partidistas"

RibeiraSacraXa
Os socialistas sinalan que se lle deu difusión a unha información do PP provincial, cando esta conta debe estar “para dar información de servizo público e non de carácter partidista"
Concello-de-Pantón
21 Xul 2024

A agrupación do PSdeG de Pantón denuncia que o Concello está usando as redes sociais da institución con fins partidistas para facer propaganda do PP. Alertan de que dende a conta oficial da entidade local se publicaron contidos do Partido Popular, “un feito que nos parece gravísimo”.

Os socialistas sinalan que se lle deu difusión en Facebook a unha información do PP provincial, cando esta conta debe estar “para dar información de servizo público e non de carácter partidista. As redes sociais das administracións públicas serven para ter unha canle de comunicación entre a propia administración e os veciños e veciñas, non para facerlle propaganda ao PP”.

“Rexeitamos completamente a inaceptable utilización que se está facendo das redes sociais do Concello de Pantón, e pediremos explicacións no próximo Pleno”, indican. “Pedímoslle a este Goberno que se poña a traballar dunha vez por todas para os veciños e veciñas de Pantón, en vez de facelo para o Partido Popular”, afirman.

0.19452810287476