O PSOE de José Tomé gobernará o Concello de Monforte con maioría absoluta
RibeiraSacraXa
O PSOE de José Tomé gobernará o Concello de Monforte con maioría absoluta despois das eleccións municipais de 2023
28 May 2023
José Tomé celebrou a vitoria acadada co PSOE na Alcaldía de Monforte, con 10 concelleiros, nun acto público na capital do río Cabe.
Quixo agradecer a todas as persoas que o votaron, aos cidadáns, aos compañeiros da prensa, aos compañeiros do partido “e a todos os que nos axudaron a conseguir esta vitoria”.
Así, di que se sente orgulloso de poder “seguir levando o camiño do proceso así como se fixo nos últimos oito anos, pero sobre todo nos últimos 4 anos”. Así como sostivo que “esta é unha boa nova para o futuro de Monforte”.
Anuncia que seguirá levando a cabo os proxectos anunciados estes últimos días “a pesar dos partido do ‘todo non’”. E sentenza que “temos o aval de todos os veciños para levar a cabo o noso programa”.