O PSOE de Chantada presenta unha moción no pleno do Concello para pedir melloras no ámbito sanitario

RibeiraSacraXa
Os socialistas de Chantada van presentar durante o pleno do Concello unha moción para pedir a cobertura de todos os postos do PAC e a ampliación da HADO, ademais de reclamar un segundo equipo para o Centro de Saúde.
Mariano nieves psoe chantada e subdelegada
7 sep 2023

Os socialistas de Chantada van presentar durante o pleno do Concello unha moción para pedir a cobertura de todos os postos do PAC e a ampliación da HADO, ademais de reclamar un segundo equipo para o Centro de Saúde.

O PSOE lembra que esta moción xa fora presentada no mes de xullo para tratala no pleno que correspondía a ese mes, pero que o alcalde "dediciu pospoñer ata este xoves 7 de setembro, polo que os problemas sanitarios no noso concello quedaron adiados tamén por decisión do alcalde e as nosas peticións víronse obrigatoriamente paralizadas", explican desde o partido político vermello.

Ademais, sosteñen que todas as reclamacións xa foron cursadas o pasado mes de xuño mediante escritos remitidos ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e ao xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, Ramón Ares Rico.

Os socialistas de Chantada piden, ademais de cubrir os postos do PAC e un segundo equipo para o Centro de Saúde, a ampliación do servizo de hospitalización a domicilio (vencellado ao Hospital de Monforte) de xeito que chegue tamén a Chantada e poidan beneficiarse del todos os doentes que precisan atención especializada de maneira frecuente e poidan recibila no seu domicilio, xa que "Chantada é das poucas comarcas que non conta con este servizo tan necesario".

0.19671392440796