O PSOE acusa un novo caso de nepotismo no Agader

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Martín Seco acusa de novo de nepotismo á Consellería de Medio Rural utilizando de novo o Agader pola contratación do alcalde de Fisterra.
Gonzalo Caballero Martin Seco alcalde Fisterra
19 Mar 2021

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Martín Seco, anunciou unha ofensiva parlamentaria para que a Xunta dea conta do novo caso de nepotismo da Consellería de Medio Rural utilizando de novo o Agader. Se hai dúas semanas o sindicato CSIF desvelaba o nomeamento do ex parlamentario do PP Moisés Blanco como subdirector, desta volta é a quenda do ex alcalde de Fisterra, José Manuel Traba, como asesor.

O responsable socialista levará de novo á Cámara autonómica a situación do ente instrumental, que o conselleiro de Medio Rural está a converter nun “chiringuito para colocar aos seus compañeiros”. Ademais, apunta que este nomeamento como asesor, ademais dunha práctica politicamente deleznable, resulta que legalmente “non está permitida”, por canto as entidades públicas instrumentais non poden dispor de persoal eventual, segundo a Lei de Emprego Público.

Martín Seco censura que Medio Rural volva empregar á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural –Agader- como mecanismo para situar a persoas sen cualificación profesional nin coñecemento do sector precisamente cando máis necesario é coa aplicación da próxima Lei de Recuperación da Terras. De novo, sinala, o PP quere utilizar un ente público para “colocar” a un ex alto cargo sen traballo coñecido “para consolidar a súa liberación no Concello”.

O parlamentario socialista acusou ao goberno galego de “tomar á lixeira” os requisitos legais e éticos á hora de “colocar aos amigos” por segunda vez en apenas dúas semanas. Se no caso do ex parlamentario e flamante novo subdirector “amañaron” o proceso selectivo para adaptar o cargo ás características do aspirante e non ao revés, desta volta retorcen a legalidade para adaptala ás aspiracións laborais dun representante político.

Así o dixo logo de realizar, onte, unha visita ao alcalde de Fisterra, o socialista José Marcote, na que “constatamos que algúns se dedican a traballar por Fisterra e os seus cidadáns e outros tan só queren vivir da política”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14615797996521