O PSdeG esixe á Deputación de Ourense que active a comisión de traballo de Manzaneda aprobada en pleno

RibeiraSacraXa
Denuncian as “continuas disfuncionalidades” na xestión da Estación de Montaña
Estación de Esquí de Manzaneda
Estación de Manzaneda
29 Mar 2025

O deputado socialista na Deputación de Ourense, Aurentino Alonso, manifestou este venres durante o Pleno de marzo, a “inquietude” do seu partido polos continuos incidentes na estación de montaña de Manzaneda, que poñen de manifesto “continuas disfuncionalidades na súa xestión”.

Problemas en plena temporada alta que afectan ao concello de Manzaneda, pero tamén ás comarcas de Trives, Caldelas e Valdeorras, sinalan os socialistas, que esixiron á institución provincial unha explicación sobre as medidas tomadas para resolver a situación da estación, así como a activación da comisión de traballo de Manzaneda aprobada en pleno.

⚙ Configurar cookies
0.092049121856689