O PSdeG de Folgoso do Courel destaca a necesidade de avanzar en infraestruturas, servizos e turismo

A voceira do PSdeG en Folgoso do Courel, María Dalba López, e a secretaria xeral da agrupación socialista, Carmen Álvarez, mantiveron este xoves un encontro coa Deputación de Lugo para trasladar á institución provincial as principais necesidades e preocupacións da veciñanza do concello.
Durante a reunión abordáronse cuestións relacionadas coa mellora das infraestruturas e dos servizos públicos, destacando a importancia de avanzar na modernización da rede viaria, esencial para garantir a mobilidade e a conexión entre os distintos núcleos do municipio.
As representantes do PSdeG tamén subliñaron a necesidade de impulsar o potencial turístico de Folgoso do Courel, considerado un sector estratéxico para o desenvolvemento económico e a dinamización social da zona.