O proxecto 'O Courel destino e futuro' chega ao Courel este venres da man de diferentes personalidades
O Concello de Folgoso do Courel acolle unha xornada do Proxecto 'O Courel destino e futuro' dedicada a analizar o modelo de turismo sostible para o Courel.
Esta iniciativa, que terá lugar o venres, 5 de maio, a partir das 10.30 horas na Casa do Concello de Folgoso do Courel; será inaugurada pola Directora de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, acompañada da alcaldesa do concello, Dolores Castro, así como polo representante da organización do proxecto, José María López Bourio.
A primeira mesa da xornada terá lugar ás 10.45 horas baixo o nome de "Iniciativas turísticas - experiencias turísticas de calidade: modelos para implantar no Courel", na que varias personalidades como Paloma Vázquez, Jorge Martínez, Eliseo Blanco, Juan Carlos Pérez e Noemí Álvarez; serán dirixidos polo xornalista Xulio Xiz para falar deste tema.
A segunda mesa terá lugar ás 12.45 horas, e baixo o nome de "Impacto dos produtos e servizos locais no turismo de calidade", Xiz guiará aos participantes, que serán David Pascual, José María Lóez, Guillermo Díaz, Pablo e Victor Aira.
Para coñecer máis información e forma de participar desta xornada intensa, pódese acceder á páxina do evento.