O proxecto musical Carmela estará presente no Festival As Cores do Outono

RibeiraSacraXa
A undécima edición terá lugar o 27 de setembro na Pobra do Brollón
carmela-as-cores-do-outono
5 Sep 2025

O Festival As Cores do Outono, que celebrará a súa undécima edición o 27 de setembro na Pobra do Brollón, anunciou a súa primeira confirmación para o cartel deste ano: o proxecto musical Carmela.

Carmela aposta por un repertorio baseado na tradición oral galega, interpretada de forma flexible e adaptada ao contexto musical actual, combinando sons que van desde as percusións ata referencias electrónicas. A proposta destaca tanto no seu discurso musical como extramusical e está liderada por Carme López (voz e percusións), acompañada de Camille Hedouin (electrónica e voces) e Sara Méndez (saxofón).

O festival continúa a completar o seu cartel para ofrecer unha xornada de música e cultura que mestura innovación e raíces tradicionais galegas.

⚙ Configurar cookies
0.16380620002747