O proxecto Bataneiras inicia a súa andaina na Pobra de Trives

RibeiraSacraXa
O obxectivo desta iniciativa, que se estreará este luns ás 19:00 horas na Casa da Cultura de Trives, é poñer en valor as historias vitais de dez mulleres da comarca Sil-Bibei-Navea
bataneiras-trives
29 Sep 2025

O proxecto Bataneiras – Mulleres do Sil-Bibei-Navea inicia a súa andaina coa proxección do documental Mulleres do Sil-Bibei-Navea, que terá lugar o 29 de setembro ás 19:00 horas na Casa da Cultura da Pobra de Trives.

Bataneiras é unha iniciativa de Trasgos de Caldelas que busca poñer en valor as historias vitais de dez mulleres da comarca Sil-Bibei-Navea. O proxecto céntrase non en recoñecementos académicos ou empresariais, senón en vidas exemplares pola súa capacidade de loita, resiliencia e impacto positivo no territorio.

A realización desta iniciativa foi posible grazas ao apoio do GDR Sil-Bibei-Navea, que fixo viable a produción do documental e permitiu dar visibilidade ao traballo e á vida das mulleres no ámbito rural.

O primeiro pase do documental terá lugar en Trives, pero o proxecto continúa a súa ruta por outros concellos da comarca entre o 29 de setembro e o 10 de outubro, mantendo o obxectivo de achegar estas historias a máis público e visibilizar o papel das mulleres na contorna rural.

⚙ Configurar cookies
0.086278915405273