O programa 'Educar en xustiza' fixo que o alumnado do IES A Pinguela participara de catro xuízos
O alumnado de 4º da ESO do IES A Pinguela vén de asistir á celebración de catro xuízos no Xuzgado do Penal nº2 de Ourense, actividade que forma parte do programa "Educar en xustiza" que organiza o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
A maxistrada Susana Pazos e a fiscal Pilar Manso explicáronlles cales son os procedementos e como se garantiza o principio de presunción de inocencia dos acusados.
Durante os xuízos, que foron de roubo con forza, hurto e receptación, lesións en pelea tumultuaria e denuncia por roubo na contorna familiar; o alumnado puido facer seguemento das declaracións in situ e por videoconferencia desde o cárcere de Pereiro de Aguiar dos acusados, e do ministerio fiscal, testigos, acusacións particulares e defensas, que en dous casos deu lugar a acordos entre as partes.
Posteriormente, visitaron as zonas de recepción de detidos, calabozos, zona de recoñecemento e de contacto cos abogados, o que desde o centro educativo valoran como "unha interesante e educativa observación da realidade delictiva".