O programa ‘Descubrir Quiroga’ continúa este sábado cunha actividade centrada no ioga

RibeiraSacraXa
A actividade, titulada ‘Paseos Conscientes’, combinará a práctica de ioga cun paseo pola beira do río Quiroga
Imaxe recurso de ioga
10 Jul 2025

O programa de dinamización turística ‘Descubrir Quiroga’, promovido pola Concellería de Turismo en colaboración coa Deputación de Lugo, continúa coa súa oferta de actividades para este mes de xullo.

Este sábado, 12 de xullo, desenvolverase a actividade ‘Paseos Conscientes’, unha proposta que combina ioga coa tranquilidade dun paseo pola beira do río Quiroga. A sesión estará guiada pola monitora Teresa Taboada, de Espazo Sacro.

A seguinte cita será o domingo 20 de xullo, coa actividade “Montefurado, Terra de romanos”, que se realizará entre as 10:00 e as 15:00 horas. As persoas participantes coñecerán de preto a historia da extracción de ouro en Montefurado durante a época romana, nun percorrido guiado por Coureleando. A xornada completarase cunha visita ao muíño de Bendilló e á empresa olivicultora Aceiroga, para coñecer o proceso de elaboración do aceite.

A participación é gratuíta e inclúe autobús para os desprazamentos. As persoas interesadas deben inscribirse previamente na Oficina de Turismo de Quiroga, chamando ao 982 435 125 ou enviando un correo a turismo.quiroga@eidolocal.es.

⚙ Configurar cookies
0.16721796989441