O programa 'Descubrir Quiroga' continúa durante o mes de setembro

RibeiraSacraXa
Na última actividade, as persoas participantes percorreron as terras de Montefurado co fin de coñecer a historia de construción desta obra de enxeñería
Montefurado-de-Quiroga
2 Sep 2024

O programa Descubrir Quiroga levou aos participantes por terras de Montefurado, percorrendo esta terra de romanos, guiados polo arqueólogo Iván Álvarez Merayo, de Coureleando.

Na boca de saída do túnel romano empezábase o recorrido no que ademais de coñecer a historia da construción desta obra de enxeñería e como foi resistindo o paso do tempo, tamén se coñecían as rochas que se poden ver na zona. Tampouco faltaría a visita a boca de entrada do túnel.

No núcleo de Montefurado, o arqueólogo explicou aos participantes nesta ruta a forma de explotación do ouro mediante a construción de galerías e minas e a importancia da auga á hora de desfacer a montaña para facerse co prezado metal.

Este núcleo está asentado na zona da explotación mineira, da que aínda se conserva parte das minas; e moitas das pedras arrastradas ao desfacer o monte serviron para a construción das súas vivendas. Nestas vivendas aínda se poden ver fachadas con esgrafiados. E tras coñecer o pasado romano á visita á igrexa barroca construída con pedra “cabaleira” era obrigada.

O sabor das rochas nesta ruta era o ouro líquido, o aceite, que presentaba a firma Ouro de Quiroga. A visita remataba no interior da igrexa de San Miguel de Montefurado cun concerto a cargo de The Lioness Treasure.

Con esta ruta remata o mes de agosto, pero non o programa Descubrir Quiroga, que este verán puxo en marcha o Concello de Quiroga a través da Concellería de Turismo, en colaboración coa de Cultura, e co apoio financeiro da Deputación de Lugo.

Neste mes de setembro levaranse a cabo tres novas actividades: o día 13 unha nova iniciación ao barranquismo en Campodola, o día 21 escoitaremos os sons a través das Paisaxes sonoras do Val da Seara e o día 28 realizarase o Camiño de Inverno Inverso, co sabor das rochas centrado no viño.

Para participar nestas derradeiras rutas os interesados deben enviar un correo a cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es ou ben na Casa da Cultura de Quiroga. O límite de hora para apuntarse a cada actividade será ás 13.00 horas do día anterior a súa realización.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18129801750183