O programa deportivo de verán de Monforte xa deu comezo
No día de onte, xoves 1 de xullo, deron comezo ás actividades do programa deportivo de verán que organiza o Concello de Monforte para este ano 2021. En concreto, iniciáronse as actividades da primeira quincena do campamento de verán, cun total de 96 nenos e nenas participantes, o que supón a ocupación do 100% das prazas ofertadas.
Tamén deron comezo os cursos de natación ofertados na piscina climatizada municipal no que, ao igual que no campamento, ocupáronse o 100% das prazas ofertadas, que foron 78.
En canto ás actividades deseñouse unha programación atractiva, tendo en conta a situación actual, composta por actividades deportivas, talleres, excursións e actividades especiais como hípica e piragüismo.
Protocolo ante a covid19
Para a organización destas actividades, e con motivo da crise sanitaria da covid19, o Concello deseñou un protocolo centrado, primeiramente, en velar pola seguridade de participantes e monitores/as.
Así, as liñas estratéxicas do protocolo deseñado para a organización dos campamentos foron as seguintes: grupos reducidos de 10 persoas, na piscina climatizada os grupos de traballo son de 6 persoas, monitores/as fixos para cada grupo durante cada quenda, espazos fixos e exclusivos para cada grupo, material deportivo exclusivo para cada grupo, material de talleres exclusivo para cada alumno/a, limpeza e desinfección diaria dos espazos utilizados, hixiene de mans constante e dotación de mascaras e xeles desinfectantes para os participantes.