O Programa de Formación para a Dixitalización 'Dixigalízate' chegará a Chantada en 2025
O Concello de Chantada acolle desde mediados de decembro ata novembro do vindeiro ano o Programa de Formación para a Dixitalización, Dixigalízate. O Programa consta de 3 niveis ou itinerarios con 5 módulos cada un. Os participantes recibirán un computador portátil de regalo, a participación é gratuíta e ao remate contarase cunha titulación homologada pola Xunta de Galicia.
A formación de nivel básico, desenvolverase do 12 de decembro deste ano ao 28 de febreiro do 2025 cos seguintes módulos:
- Busca e xestión de información dixital
- Creación de contidos dixitais
- Comunicación e colaboración con ferramentas dixitais
- Resolución de problemas no entorno dixital
- Seguridade e civismo no entorno dixital
Os mesmos módulos, pero con contidos máis avanzados, impartiranse no nivel intermedio, cuxa formación terá lugar do 4 de marzo ao 23 de maio do 2025.
O nivel avanzado desenvolverase do 8 de setembro ao 14 de novembro do 2025 cos seguintes módulos:
- Análise de información dixital
- Creación de contidos dixitais e programación
- Comunicación e colaboración con ferramentas dixitais
- Resolución de problemas no entorno dixital
- Seguridade e civismo no entorno dixital
As clases terán lugar en horario de 16:00h a 21:00h nas instalacións da aula CEMIT no telecentro. As persoas interesadas en participar poden inscribirse e obter máis información nos Servizos Sociais ou no correo gestion1@beproject.es e no teléfono 698 197 518.
Para poder participar dalgunha das formacións do Programa é necesario estar desempregado/a, ou traballando e estar rexistrados como mellora de emprego. Para o primeiro itinerario, de carácter básico non fan falta estudos, comezando no primeiro pódese acceder ao segundo itinerario e ao terceiro. Para acceder directamente ao nivel intermedio do segundo itinerario é necesario ter a ESO ou competencias clave nivel 2 e para o terceiro, ou nivel avanzado, as persoas interesadas deben de ter o Bacharelato ou competencias clave nivel 3.
Este programa formativo en Competencias Dixitais está promovido pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Economía Social dentro do Plan de Recuperación, Tranformación e Resiliencia.