O programa de emprendemento feminino acumula máis de 70 proxectos presentados na provincia de Ourense

A Deputación de Ourense ten aberto ata o 15 de outubro o prazo para anotarse ao programa “EmprendOU en feminino”, dirixido a mulleres menores de 35 anos empadroadas na provincia de Ourense, que conta ata o momento con 75 proxectos presentados, procedentes de 30 concellos.
Esta iniciativa busca impulsar a actividade económica xerada por novas empresarias, con especial atención ás zonas rurais. Desde a área de Benestar Social animan ás emprendedoras a presentar as súas solicitudes, xa que aínda queda orzamento dispoñible para apoiar máis proxectos.
Entre os concellos que presentaron solicitudes atópanse Allariz, Amoeiro, Bande, Barbadás, Barco de Valdeorras, O Bolo, O Carballiño, Cartelle, Chandrexa de Queixa, Coles, Cortegada, Entrimo, Leiro, Maceda, Manzaneda, Oímbra, Ourense, Pereiro de Aguiar, Pobra de Trives, Porqueira, Punxín, Ramirás, Ribadavia, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Verea, Verín, Vilamarín, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.
En canto aos sectores, un gran número de proxectos corresponden á hostalería, incluíndo restaurantes, cafeterías e bares, como un restaurante mexicano en O Carballiño ou unha pulpeira en Amoeiro. Tamén destaca o sector sociosanitario, con propostas de centros de saúde, farmacias e gabinetes de psicoloxía, moitos deles en concellos que non contaban con estes servizos.
A área de Benestar Social está tramitando todos os expedientes para abonarlle as axudas nun prazo de 15 días tras a finalización do prazo de solicitudes.