O programa Coidados porta a porta percorrerá Bóveda entre os días 22 e 24 de setembro

RibeiraSacraXa
O programa Coidados porta a porta percorrerá o concello de Bóveda entre os días 22 e 24 con consultas de audioloxía e estimulación da memoria
coidados portaaporta panton portada
7 Sep 2022

Chega o programa “Coidados porta a porta” ao concello de Bóveda, que busca levar servizos asistenciais ás persoas maiores do rural para a prevención da dependencia.

Consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria son algunhas das actividades incluídas nesta iniciativa dirixida a tódalas persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de maneira gratuíta.

Un autobús con profesionais de cada unha das especialidades permanecerá no concello de Bóveda os días 22, 23 e 24 de setembro e atenderá con cita previa a todos aqueles interesados.

Pódese pedir cita previa nos números 622 748 283 e 623546992 ou por medio do correo electrónico: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

Trabada Coidados porta a porta
0.18066596984863