O programa "Coidados porta a porta" percorre Sober entre os días 14 e 16 de setembro
RibeiraSacraXa
O programa "Coidados porta a porta" percorre Sober para levar servizos asistenciais ás persoas maiores do rural
21 Ago 2022
Chega o programa “Coidados porta a porta” ao concello de Sober, que busca levar servizos asistenciais ás persoas maiores do rural para a prevención da dependencia.
Consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria son algunhas das actividades incluídas nesta iniciativa dirixida a tódalas persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de maneira gratuíta.
Un autobús con profesionais de cada unha das especialidades permanecerá no concello de Sober os días 14, 15 e 16 de setembro, de 09.00 a 20.00 horas e atenderá con cita previa.
Pódese pedir cita previa nos números 622 748 283 e 623546992 ou por medio do correo electrónico: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal