O programa "Coidados porta a porta" percorre esta semana o municipio de Pantón
RibeiraSacraXa
O programa "Coidados porta a porta" percorre esta semana Pantón para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria
29 Aug 2022
Chega o programa “Coidados porta a porta” ao concello de Pantón, que busca levar servizos asistenciais ás persoas maiores do rural para a prevención da dependencia.
Consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria son algunhas das actividades incluídas nesta iniciativa dirixida a tódalas persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de maneira gratuíta.
Un autobús con profesionais de cada unha das especialidades permanecerá no campo da feira de Pantón os días 30, 31, 1 e 2 de setembro, de 09.00 a 14.00 horas e atenderá con cita previa.
Así mesmo, terá lugar unha charla de envellecemento activo no salón de actos do edificio sociocultural maña día 30 de agosto ás 12.00 horas.