O programa 'Camiños de coñecemento e experiencia' da USC levará a cabo diferentes actividades en Monforte
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa de que xa está aberto o prazo de inscrición para anotarse nunha nova edición do programa de formación universitaria dirixido a maiores de 50 anos da Universidade de Santiago de Compostela (USC), por quinto ano consecutivo.
O programa leva por título 'Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do coñecemento' e está composto por diversos seminarios formativos, totalmente gratuítos. Poderá inscribirse neles calquera persoa maior de 50 anos, para que non é necesario posuír ningunha formación previa específica.
José Tomé salienta que “se trata dun programa, que xa celebramos dende o ano 2020, cun gran éxito de participación nas 4 edicións celebradas, e con el garantimos o dereito de todos os cidadáns ó acceso a educación superior independentemente da súa idade, xénero, domicilio ou recursos. Polo tanto, entendemos a través deste proxecto favoreceremos o achegamento do coñecemento á poboación maior do noso Concello, o que incidirá na mellora da súa calidade de vida e a súa participación social real nos ámbitos rural e urbano”.
Deste xeito, todos os interesados e interesadas poderán formalizar a súa inscrición gratuíta neste programa acudindo á Biblioteca Municipal de Monforte (Praza de España) en horario de 9.00 a 14.00 horas ou chamando ao 982 402 501 e preguntando pola arquiveira municipal.
O rexedor convida a todos os monfortinos e monfortinas, de máis de 50 anos, a inscribirse nos distintos seminarios xa que considera que “é unha forma de desfrutar dunha oportunidade enriquecedora de ampliar coñecementos e tamén unha posibilidade de relacionarse, interactuar e compartir experiencias e inquietudes con outras persoas”.
Así, o obxectivo principal deste programa é favorecer a democratización do coñecemento, potenciando e difundido o coñecemento científico e artístico a toda a poboación maior de 50 anos nos concellos que se suman a este proxecto.
Para elo, desenvólvense accións específicas que se concretan en varios obxectivos específicos revalorizar e profundar no valor do noso patrimonio, concienciar, ensinar e aprender da presenza da ciencia no día a día das nosas vidas; recoñecer o valor das disciplinas artísticas nas nosas emocións e vivencias, adaptar e coñecer as competencias sociosanitarias dos principios de envellecemento activo e acadar unha mellora da calidade de vida, do benestar e da participación a través do exercicio intelectual que require este tipo de formación.
'Camiños de coñecemento e experiencia 2024' en Monforte
O programa de seminarios e actividades prácticas desenvolverase no Centro Cívico de Monforte (Paseo do Malecón) entre o 23 e o 31 de maio de 2024.
Así, as actividades serán:
- O 23 de maio, de 16.30 a 20.00 horas, terá lugar o seminario 'O cine como linguaxe e sesión práctica: Rodaxe dunha curtametraxe sobre os refráns como elementos comunicativos', impartido por Álvaro Dosil Rosende, investigador da USC e profesor do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.
- O día 24 de maio, de 16.30 a 20.00 horas, terá lugar o seminario 'Astronomía nun día solleiro: os reloxos de sol', impartido por Manuel Andrade Baliño, docente da Escola Politécnica Superior e do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo.
- O 27 de maio, de 16.30 a 20.00 horas, terá lugar a sesión práctica de construción dun reloxo de sol e aprendizaxe do seu uso, impartida por Manuel Andrade Baliño, docente da Escola Politécnica Superior e do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo.
- O 28 de maio, de 16.30 a 20.00 horas, terá lugar o seminario 'A educación para a cidadanía global e un consumo responsable, impartido por Ana Lampón, Solidariedade Internacional e Colaboradores do Programa Universitario para Maiores IV Ciclo.
- O 29 de maio, 16.30 a 20.00 horas, terá lugar o obradoiro práctico-xogo 'A educación para a cidadanía global e un consumo responsable, impartido por Ana Lampón, Solidariedade Internacional e Colaboradores do Programa Universitario para Maiores IV Ciclo.
- O 30 de maio, de 17.00 a 19.00 horas, terá lugar o seminario 'O Parador de Monforte de Lemos', impartido por Patricia Cupeiro López, profesora da Facultade de Humanidades e profesora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.
- O 31 de maio, de 17.00 a 19.00 horas, terá lugar o percorrido cultural nos alendaños do parador de Monforte de Lemos, impartido por Patricia Cupeiro López, profesora da Facultade de Humanidades e profesora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.