O programa “A Administración preto de ti” achegarase este mércores a Taboada

Este mércores 11 de marzo, o Salón de Actos da Casa de Cultura de Taboada acollerá unha nova sesión do programa “A Administración preto de ti”, coa presenza de persoal da Subdelegación do Goberno en Lugo. Durante a xornada, ofrecerase información ás persoas asistentes sobre os trámites e xestións máis habituais coas distintas administracións públicas.
Ademais, os veciños e veciñas que o desexen poderán obter o certificado dixital e a cl@ve permanente, ferramentas que facilitan a relación electrónica coa administración e permiten realizar xestións sen necesidade de desprazamentos.
Desde o Concello de Taboada destacan que esta iniciativa busca achegar as administracións á cidadanía, evitando desprazamentos innecesarios e promovendo que o maior número posible de xestións poidan realizarse na propia localidade.
A cita será o mércores 11 de marzo ás 10:30 horas no Salón de Actos da Casa de Cultura.